ANTE O SPORTING E O LAS PALMAS

O Celta e o Dépor suman unha nova vitoria

O Celta e o Dépor suman unha nova vitoria
[Imaxe: RCDC] Lucas Pérez
[Imaxe: RCDC] Lucas Pérez  

Ambos os equipos galegos remataron a décimo terceira xornada da liga con vitorias. O Celta venceulle 2-1 ao Sporting nun partido no que os vigueses non se sentiron cómodos. O Depor, pola súa banda, rematou o encontro en Las Palmas con 0-2.


Celta e Depor veñen de sumar tres puntos logo dos partidos disputados na noite do sábado. O equipo de Berizzo venceu por 2-1 ao Sporting de Gijón, un resultado que lle permite alcanzar na táboa ao Real Madrid. Fabián Orellana foi quen abriu a conta para o Celta no minuto 15 da primeira parte, mais Carlos Castro puxo as táboas no marcador aos 65 minutos.

O gol do Sporting, que trataba de afianzar a súa permanencia en Primeira División, provocou que a pantasma da mala xeira se instalara por momentos en Balaídos, onde se chegaron a oír apupos pola inoperancia do xogo dos vigueses. Nolito espantou a desconfianza co gol que marcou no minuto 84.

Celta de Vigo: Sergio Álvarez; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Planas; Augusto Fernández; Tucu Hernández, Bongonda (wass, m.64), Orellana (Señé, m.90), Nolito; e Guidetti (Iago Aspas, m.78).

Sporting: Cuellar; Lora, Luis Hernández, Bernardo, Isma López; Mascarell, Nacho Cases; Halilovic, Dani Ndi (Pérez, m.69), Jony (Juan Muñiz, m.79); e Sanabria (Castro, m.63).

Goles: 1-0, min.15: Orellana. 1-1, min.65: Castro; 2-1, min.84: Nolito.

Árbitro: Jaime Latre (Comité Aragonés). Amonestou con amarela Cabral e Sergi Gómez

O Dépor colócase, de maneira provisional, en zona da Liga Europa

A vitoria ante o Las Palmas sérvelle ao Dépor para entrar, de maneira provisional, na zona da Liga Europa. Os coruñeses encetaron o partido no minuto 19 grazas a un gol en propia porta de David Simón ao intentar evitar o remate de Cani.

As intervencións de Germán Lux foron cruciais para evitar o empate de Las Palmas, que viu como se certificaba a súa derrota no tempo de prolongación, cando Lucas Pérez, que anotou o seu noveno gol nesta temporada, marcaba o 0-2 no minuto 91.

UD Las Palmas: Javi Varas; David Simón, Aythami, Bigas, Dani Castellano (Wakaso, min. 81); Roque (Culio, min. 87), Vicente Gómez; Momo (Nauzet Alemán, min. 69), Tana, Jonathan Viera; e Araujo.

Deportivo: Lux; Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro; Cani (Jonás, min. 69) (Laure, min. 81), Álex Bergantiños, Mosquera, Luisinho; Lucas Pérez e Jonathan Rodríguez (Fajr, min. 58).

Árbitro: Carlos Clos Gómez (Comité Aragonés). Amoestou David Simón, Araujo, Aythami e Culio, por parte do Las Palmas, así como os visitantes Mosquera, Arribas e Juanfran.

Goles: 0-1, min. 19: Cani. 0-2, min. 91: Lucas Pérez.