O Celta ensina as credenciais para Europa

O Celta ensina as credenciais para Europa
Foto: Liga
Foto: Liga  

 Derrota o Eibar (0-2) nun partido no que os celestes foron de menos a máis. Marcaron Iago Aspas e Maxi Gómez, que suman 29 goles.


Había que sacar o mal sabor de boca das últimas citas, coa derrota e pésimo partido contra o Xetafe gravados na fronte. Xogar na casa era o aliciente necesario para obter a vitoria por moito que o rival non convidase a se tomar excesivas confianzas: O Eibar viña a Galiza disposto a loitar polo sétimo posto e a demostrar a progresión que tivo nestes meses.

De feito, a primeira metade foi cousa dos vascos. O Celta saíu agarrotado, até parecía falto de confianza. O Eibar realizou unha presión alta contra a que os celestes non sabían moi ben que facer. Foron estes os mellores momentos do Eibar, que mesmo estivo a piques de se adiantar nunha oportunidade de Inui  que finalmente non logrou materializar.

A segunda parte foi cousa distinta. O cambio de Sisto (que nas últimas xornadas non rende ao seu mellor nivel) por Emre Mor sentou as bases do cambio. Do turco saíu o que acabou sendo o primeiro gol, de Iago Aspas. Adiantados no marcado, os celestes xa se sentiron mía cómodos e foron despregando o seu xogo habitual. Chegou entón o gol de Maxi Gómez.

Entre Iago Aspas e Maxi Gómez suman 29 dos 43 goles que leva o Celta. Son a dupla atacante máis letal despois da que conforman Messi e Luis Suárez. Os seus goles volven situar os celestes ás portas de Europa, un obxectivo ao que non renuncian os celtistas. O Celta sitúase provisionalmente na sétima praza e a terza feira mídese ao Girona, rival directo na carreira por Europa. 

Ficha

Celta (2): Rubén, Hugo Mallo, Cabral (Roncaglia, min.87), Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass, Radoja (Tucu Hdez., min.65), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.46), Maxi Gómez.

Eibar (0): Dmitrovic, Oliveira, Arbilla, Cote (Juncá, min.83), Peña (Capa, min.73), Diop, Jordán, Inui, Alejo (Pedro León, min.60), Charles, Kike.

Goles: Iago Aspas (1-0, min.56), Maxi Gómez (2-0, min.78).

Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amonestou Radoja, Cabral (Celta); Diop, Cote, Oliveira (Eibar).



x