O Celta non comparece no Alfonso Pérez

O Celta non comparece no Alfonso Pérez
Imaxe: RC Celta
Imaxe: RC Celta  

Caeu (3-0) fronte ao Xetafe no seu peor partido da tempada.


Ao Celta que se enfrontou ao Xetafe no Adolfo Pérez habería que cantarlle aquel retrouso da copla popular galega de “é que non podes / é que non sabes / é que perdiches as habilidades”. Foi un equipo cativo, incapaz, que até por momentos poderiamos preguntarnos se estivo sobre o céspede. Os celestes asinaron probabelmente o seu peor partido da tempada. En ningún momento souberon facer fronte á formulación dos madrileños.

O Xetafe armouse a partir dunha defensa firme, seria, que impediu que o Celta culminase as xogadas. Batía contra ela. Non estiveron os vigueses á altura do desgaste psicolóxico que propoñía este partido. Os do Xetafe armaron un muro e o Celta por momentos semellaba que ía afogar coa pelota, sen saber moi ben que facer.

Un erro de Iago Aspas no centro do campo permitiu Amath atopar a carreira de Ángel, que non perdoou. Marchouse para o vestiario cun gol en contra e, ao pouco de saltar, recibiu outro, produto doutra perda de balón no centro de campo, desta volta de Lobotka.

O partido xa se facía case imposíbel para o Celta. A equipa galega ía pelexar pola sétima praza e agora está de undécimo na táboa. Toca recuperar rápido pois esa sétima praza (que agora ten o Eibar) está a aènas 3 puntos.

Ficha técnica

Xetafe (3): Guaita. Damián Suárez, Bruno, Djené, Cabrera, Portillo, Fajr, Arambarri, Portillo,  Jorge Molina (Remy, min.70) e Ángel (Mora, min.90).

Celta (0): Rubén Blanco, Hugo Mallo, Roncaglia (Boyé, min.73), Sergi Gómez, Jonny, Wass, Lobotka, Tucu Hernández (Radoja, min.61), Pione Sisto (Emre Mor, min.61), Iago Aspas e Maxi Gómez.

Goles: 1-0, min.36: Ángel; 2-0, min.50: Jorge Molina; 3-0, min.85: Ángel.

Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano. Amoestou Damián, Cabrera, Portillo, Fajr, Roncaglia, Boyé, Emre Mor.



x