O Celta sofre en Girona a primeira derrota na Liga

O Celta sofre en Girona a primeira derrota na Liga
Foto: La Liga
Foto: La Liga  

Cae (3-2) perante un rival ordenado e contundente. Os celestes malia derrota mantéñense terceiros na táboa


O Girona puxo fin no seu campo á imbatibilidade do Celta nesta Liga. Unha vitoria traballada e labrada a base de oficio e unha equipa ordenada, que soubo facer fronte a un Celta que chegaba a esta cita disposto a levar para Vigo os tres puntos.

O primeiro gol dos cataláns, no minuto 22, cortocircuitou un Celta que até entón dominara e fora despregando as súas mellores cartas: defensa firme e segura, control do xogo e ameaza sobre a área rival. A cabezada de Stuani  caeu coma unha xerra de auga fría nos celestes: é un deses goles que Antonio Mohamed insiste en que non se poden encaixar.

O Girona aproveitou para deixar de sufrir e intentar meter o segundo gol. O celta non tiña fluidez e parecía fóra do partido. Porén, o gol de Aspas empataba o partido e volvía situar os celestes no camiño de pelexar polo encontro. Pouco durou a alegría. Aos 37 minutos, Alcalá marcou tras un saque de esquina. Outro deses goles que lle proen ao adestrador celtista.

Trala reanudación, con Boufal por Júnior, o Celta saíu decidido a empatar canto antes. O dominio era claro mais o Girona nunha contra marcou o terceiro gol. Boufal, tras unha longa xogada, acurtou distancias a falta de tres minutos para o final.

Ficha técnica:

Girona FC (3): Bono, Pedro Porro, Bernardo, Alcalá, Juanpe, Aday (Munisea, min.84),  Douglas Luiz, Granell, Borja García (Roberts, min.67), Portu (Aleix García, min.88), Stuani.

RC Celta (2): Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Araujo, Cabral, Júnior Alonso (Boufal, min.46), Lobotka, Beltrán (Brais, min.75), Iago Aspas, Maxi Gómez, Sisto (Dennis, min.66).

Goles: 1-0, min.22: Stuani; 1-1, min.34: Iago Aspas; 2.1, min.37: Alcalá; 3-1, min.56: Stuani; 3-2, min.87: Boufal

Árbitro: Javier Alberola Rojas, do comité de Castela-A Mancha. Expulsou con duplo cartón amarelo a Cabral (min.92)  e amoestou Beltrán e Douglas.

Campo: Montilivi



x