O Celta, o terceiro equipo que máis xogadores achega á selección catalá

O Celta, o terceiro equipo que máis xogadores achega á selección catalá

Convocados Fontás, Sergi Gómez e Carles Planas para o encontro contra Euskadi. Só Barça e Espanyol teñen máis convocados. Do Deportivo hai dous xogadores chamados: Lopo e Navarro.


Celta de Vigo e Deportivo da Coruña achegan 5 xogadores á selección de Catalunya que este 26 de decembro se vai enfrontar a Euskadi nun torneo amistoso de Nadal que decorrerá no Camp Nou a partir das 21:30 horas. O Celta é o terceiro equipo con máis xogadores convocados polo combinado catalán: 3. Un número que só superan Barça (con 7 convocados) e Espanyol, con 6.

Os célticos chamados para vestir a camisola da selección de Catalunhya neste partido son Fontás, Sergi Gómez e Carles Planas. Do Deportivo hai convocados 2 xogadores, Albert Lopo e F. Navarro.

Entre os elexidos por Sergio González e Gerard López para ese partido hai xogadores de 25 equipos, desde os xa mencionados até do Inter de Milán, Porto ou AEK. E tamén hai un convocado do Real Madrid, Kiko Casilla.

Galiza

Nese mesmo día, 26 de decembro, un combinado galego enfrontarase a un combinado do Senegal nun partido que se desputa no marco dunha xornada organizada por Seareiros Galegos para reivindicar a selección galega e a súa oficialidade.