Clubs e xogadoras acadan un acordo para desbloquear a folga de futbolistas

Clubs e xogadoras acadan un acordo para desbloquear a folga de futbolistas
(AFE)
(AFE)  

Fixaron 20 de decembro como data para asinar o convenio colectivo.


Os sindicatos AFE, UGT e Futbolistas ON e os clubs da Primeira División feminina achegaron esta segunda feira as súas posicións e fixaron o 20 de decembro como data probábel para a sinatura do primeiro convenio colectivo feminino, o que implica o desbloqueo da folga iniciada polas xogadoras a pasada fin de semana.

Após a xuntanza mantida na sede do Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) en Madrid, a patronal e os sindicatos confirmaron o acordo que paraliza a folga na máxima categoría do fútbol feminino, despois da folga que protagonizaron as xogadoras en 16 e 17 de novembro.