0-2

O Dépor cae en Riazor co Rayo Majadahonda e perde pé

O Dépor cae en Riazor co Rayo Majadahonda e perde pé
Imaxe do Dépor - Rayo Majadahonda. Foto: Deportivo da Coruña.
Imaxe do Dépor - Rayo Majadahonda. Foto: Deportivo da Coruña.  

Riazor non é unha fortaleza. O Dépor caeu na casa contra o Rayo Mahadahonda e perde pé na súa pelexa polo ascenso a Primeira División.


O primeiro disparo a porta foi no minuto 15, a cargo de Vicente Gómez. O esférico nin sequera se achegou á portería. O control nese primeiro tramo correspondeu aos coruñeses, que metían presión na área visitante. Pero o Rayo axiña reaccionou, e chegou con certo perigo onda Dani Giménez.

O encontro decaeu. Só no mínuto 39, xa no bordo do descaso, un cabezazo de Héctor Fernández foi detido por Giménez. O Rayo Majadahonda intensificaba a presión e entre Giménez e Domingos Duarte resolveron a situación. O descanso chegou sen goles. Porén, no inicio da segunda parte, o partido decidiuse a prol dos visitantes.

Aitor Ruibal foi o encargado de inaugurar o marcador no cabo dun contragolpe. Aínda que o Deportivo reaccionou, ao pouco os de Majadahonda sentenciaron o partido. De novo Ruibal no minuto 70.

Os coruñeses intentaron recurtar distancias e dispuxeron dalgunha ocasión no última parte do encontro. Sen resultados. A derrota en Riazor deixa o Dépor con 54 puntos e a catro do ascenso directo.

Ficha Técnica

RC Deportivo: Dani Giménez, Bóveda (Pedro, min. 71), Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Vicente Gómez (Vítor Silva, min. 46), Didier Moreno, Edu Expósito (Borja Valle, min. 75), Nahuel, Carlos Fernández e Quique.

CF Rayo Majadahonda: Basilio, Isaac Carcelén, Luso, Morillas, Benito, Fede Varela, Óscar (Guerrero, min. 80), Enzo Zidane (Ernesto Galán, min. 71), Aitor Ruibal, Héctor Hernández y Manu del Moral (Carlitos, min. 46).

Goles: 0-1 Aitor Ruibal (min. 52); 0-2 Aitor Ruibal (min. 70).

Árbitro: Gorostegui Fernández-Ortega (c. vasco). Cartón amarelo a Edu Expósito (min. 10), Benito (min. 46), Carlos Fernández (min. 48), Didier Moreno (min. 49) e Vítor Silva (min. 90).

Incidencias: partido correspondente á 33ª xornada en Riazor ante 15.800 espectadores.



x