O Dépor fai Riazor inexpugnábel

O Dépor fai Riazor inexpugnábel
Imaxe: RC Deportivo
Imaxe: RC Deportivo  

Derrota o Osasuna (2-0) nun encontro marcado pola choiva e suma xa sete partidos invixtos en casa.


Dous equipos do norte non poden queixarse da choiva nin laiarse do enchoupado do terreo de xogo. Non o fixeron nin Dépor nin Osasuna malia que a chuvia marcou o partido, obrigando a tirar da baza física e condicionando estratexias e deseño do partido. Porén, foi finalmente o compás do arxentino Fede Cartabia quen determinou o encontro. Dúas asistencias, dous goles, tres puntos para os coruñeses.


O Dépor suma xa sete partidos invicto en Riazor: seis vitorias e un empate. Os branquiazuis garántense así unha retagarda segura, algo indispensábel en calquer confronto, sexa bélico ou deportivo.


As equipas empezaron loitando contra os elementos: xogo físico e balóns aéreos. Pasaba o tempo e o partido disputábase a base de esforzo. Foi chegando o final da primeira parte que aparecía o primeiro gol do Dépor. A piques estivo de empatar o Osasuna, o que evitou Dani Giménez despexando un disparo de Unai García.


Na segunda metade os navarros saíron máis enchufados mais as primeiras oportunidades foron para os coruñeses. O Osasuna cambiou de sistema e apostou nunha defensa de cinco con dous 'carrileiros'. Non lles axudou e o Dépor foi quen de ampliar a vantaxe cun segundo gol, de novo a asistencia de Cartabia.


 

Ficha técnica:


Deportivo (2): Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pedro Marí, Saúl, Krohn-Dehli (Edu Expósito, min. 64), Pedro Mosquera, Vicente Gómez (Didier Moreno, min. 87), Fede Cartabia, Carlos Fernández e Quique (Christian Santos, min. 72).

Osasuna (0): Rubén, Lillo, Unai García, David García, Clerc, Roberto Torres (Brandon, min. 77), Oier, Fran Mérida, Kike Barja (Nacho Vidal, min. 61), Juan Villar (David Rodríguez, min. 77) e Rubén García.

Goles: 1-0 Carlos Fernández (min. 43); 2-0 Pablo Marí (min. 75).

Árbitro: Gorostegui Fernández-Ortega (c. vasco). Cartón amarelo a Fran Mérida (min. 37), David Simón (min. 41), Clerc (min. 47), Domingos Duarte (min. 84), Brandon (min. 89) e Carlos Fernández (min. 90+2).



x