INICIO DE LIGA

O Dépor tropeza a última hora en Albacete

O Dépor tropeza a última hora en Albacete
Imaxe do partido entre o Albacete e o Dépor. Foto: Deportivo da Coruña.
Imaxe do partido entre o Albacete e o Dépor. Foto: Deportivo da Coruña.  


Un discutido penalti a cinco minutos do final provocou que o Dépor deixase esta sexat feira dous puntos en Albacete no seu primeiro partido en Segunda División.
 


O partido comezou accidentado e con 15 minutos de retraso, debido a apagóns de luz producidos por unha treboada. No once branquiazul volvía figurar Álex Bergantiños, logo da súa cesión ao Sporting de Xixón. Os galegos monopolizaron a primeira parte, e houbo chegadas a porta, como a de Quique González no minuto 12, Diego Caballo no 23 ou Fede Cartabaia, que no minuto 31 enviou o balón ao traveseiro.

Pouco antes, os manchegos desbotaron a mellor oportunidade que tiveran, a cargo de Bela. Foi xusto cando comezaron a se quitar de enriba o dominio dos coruñeses. O encontro foise ao descanso máis igualado do que empezara.

Nos primeiros tramos da segunda parte do partido apenas houbo ocasións nin chegadas á area. Ate que no minuto 71, Domingos Duarte recolleu unha pelota que Bergantiños anviare coa testa ao poste e adiantou os galegos no marcador. O Dépor repregouse. E no minuto 84, o colexiado sinalou o discutido penalti que, mediante Rey Manaj, situou o empate no marcador.

Con dez xogadores -o colexiado expulsou Krohn-Dehli polas protestas a causa do penalti-, o once galego resistiu ate o final e salvou un punto que soubo a pouco no Carlos Belmonte.