Enfrontamento en Vigo entre seareiros do Celta e afeccionados de extrema dereita do Real Madrid

Enfrontamento en Vigo entre seareiros do Celta e afeccionados de extrema dereita do Real Madrid
A lea aconteceu na zona da Laxe.
A lea aconteceu na zona da Laxe.  

Cinco persoas feridas leves. A Policía aponta a un encontro casual, sen 'quedada' previa. O caso está en mans do Xulagdo de instrución nº6.


Seareiros antifascistas do Celta de Vigo e afeccionados de extrema dereita do Real Madrid enfrontáronse en Vigo, segundo informa o diario Atlántico, nunha pelexa que se saldou con cinco persoas feridas leves. O medio, citando fonte policiais, indica que os afeccionados celtistas serían membros de Celtarras (malia que esta peña independentistas e de esquerdas disolveuse en marzo tras 30 anos de vida) e os madridistas de Ultra-Sur, colectivo de extrema dereita española.

Sempre segundo a información do xornal vigués, recollida por diferentes medios deportivos, a liorta non sería froito dunha 'quedada' previa senón que se debeu a que celtistas recoñeceron na zona da Laxe os ultras madridistas, orixinándose un enfrontamento. Até a zona desprazáronse efectivos da Policía española, que procederon a identificar dous seareiros celtistas.

Ningunha persoa presentou denuncia mais o xulgado de garda abreu dilixencias para determinar a natureza do acontecido. Segundo fontes policiais citadas por Atlántico, os ultras madridistas desprazáronse a Vigo para pasar o día desde Sanxenxo, onde estarían de vacacións.