Este Celta quere máis

Este Celta quere máis
Foto: RC Celta
Foto: RC Celta  

Os goles de Maxi Gómez e Iago Aspas tomban o Atlético de Madrid, que non tivo opcións en Balaídos.


Solidez defensiva, ningún temor a ninguén e sacar o máximo proveito das calidades individuais. En base a estes tres eixos Antonio Mohamed está a sacar proveito neste inicio de tempada. Sete puntos leva xa e sitúa os celestes na parte alta da Táboa. Tres deses puntos, procedentes de tombar o Atlético de Madrid, unha equipa que levaba tempo resistíndoselle aos celtistas.

O Celta fixo un futbol colectivo e sólido. Beltrán e Lobotka como directores de xogo e conscientes de que a liña media era onde se ía desputar a batalla cos colchoneiros'. O vixente campión da Europa League semellaba apostalo todo a unha conrra mortal e esta non apareceu.

A segunda parte comezou con boa cara para o Celta: un esbarón de Godin facilitou o gol de Maxi Gómez. E Iago Aspas pouco despois meteu un deses goles para marabillar, un gol quizás para indicar o erro da decisión de Luis Enrique de non convocalo para a selección española.

Foi entón cando o Atlético tirou cara arriba e se arremangou para tentar reducir distancias. Mais o Celta soubo templar e msmo marcou un terceiro gol (Cabral), que anulou o VAR. Vitoria celeste que pide máis.

Ficha:

Celta (2): Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Araujo, Cabral, Júnior Alonso, Lobotka (Brais Méndez, min.80), Beltrán, Iago Aspas (Boufal, min.87), Maxi Gómez, Sisto (Okay, min.69).

Atlético (0): Oblak, Godín, Filipe Luis, Thomas (Lemar, min.56), Koke, Griezmann, Saúl, Correa (Kalinic, min.56), Savic, Diego Costa, Giménez (Arias, min.68).

Goles: Maxi Gómez (1-0, min.46); Iago Aspas (2-0, min.52).

Árbitro: Matheu Lahoz, do comité valenciano. Amoestou a Lobotka, Júnior Alonso, Hugo Mallo (Celta); Saúl, Godín, Diego Costa (Atlético). Expulsou Savic, del Atlético, con dupla amarela no minuto 70.

Campo: ABANCA Balaídos, 19.261 espectadores.