Galiza conquista 2 ouros, 5 pratas e 5 bronces no Campionato de España de bateis

Galiza conquista 2 ouros, 5 pratas e 5 bronces no Campionato de España de bateis

Finais máis que disputadas en todas as categorías nesta LXXII edición, que decorreu en augas de Meira. As tripulacións galegas venceron en cadete masculino (Cabo) e xuvenil (Mecos). O absoluto masculino e feminino foi para Euskal Herria (Urdaibai e Zumaia).


As augas de Meira (Moaña) acolleron esta fin de semana a LXXII edición do Campionato de España de bateis, unha cita na que se deron cita tripulacións galegas, asturianas, cántabras e vascas para competir nesta modalidade do remo en banco fixo, cunha embarcación con 4 remeiros e un patrón. Foron finais disputadas en todas as categorías, de promesas e absoluto, e en masculino e feminino. Galiza conquistou 12 medallas: 2 de ouro, 5 de prata e 5 de bronce.

Os ouros gañárono os bateis de Cabo de Cruz (en cadete masculino, nunha final na que participaron 4 barcos, 3 deles galegos) e Mecos (en xuvenil. Para a final clasificáronse 5 bateirs, 3 galegos). As pratas foron conquistadas por Robaleira (dúas), Chapela, os anfitrións de Samertolameu de Meira, Cabo de Cruz. E as tripulacións de Vilaxoán, Robaleira, Vila de Cangas, Samertolameu e Moaña conseguiron bronce.

Nas categorías absolutas a vitoria foi para o bate del Urdaiai. Bermeo, na categoría masculina (Cabo finalizou segundo e Moaña, terceiros); mentres que na feminina as mozas de Zumaia conquistaron o ouro, seguidas de Chapela e Samertolameu.

Na edición de 2014, que decorreu en Cantabria, a votoria en mabas as dúas categorías absolutas fora para tripulacións galegas: Cabo de Cruz en homes e Chapela en mulleres.