OS VIGUESES MANTÉÑENSE FÓRA DO DESCENSO MALIA A DERROTA

Un gol de Sergi Enrich tomba o Celta en Ipurúa

Un gol de Sergi Enrich tomba o Celta en Ipurúa
Un momento do partido [Foto: LFP]
Un momento do partido [Foto: LFP]  

O Celta segue afundido na zona baixa da clasificación da Primeira División após caer derrotado por 1-0 na súa visita ao Eibar. Un gol de Sergi Enrich no minuto 87 de partido tombou os xogadores de Miguel Cardoso, inmersos nunha crise de resultados que semella non ter fin. 

Con todo, o Celta mantense fóra da zona de descenso grazas ás derrotas dos seus dous máis inmediatos perseguidores, Rayo Vallecano e Vila-Real, mais distánciase un chisco máis cos equipos que están por riba na táboa clasificatoria. 

O partido foi, como adoita en Ipurúa, moi duro. Os locais presionaron moi arriba aos celestes e meteron continuos balóns á área que a defensa viguesa soubo resolver. Na primeira metade, as ocasións máis claras foron para o Celta, nas botas de Brais Méndez e Maxi Gómez.

Nas mesmas coordenadas decorreu o segundo período, A ocasión máis clara, desa volta, foi para o Eibar, que dispuxo dunha pena máxima que errou o exceltista Charles, no minuto 65. No treito final, Sergi Enrich marcou o tanto que afunde un chisco máis o equipo vigués. 



x