ENCAMIÑA O SEU QUINTO MUNDIAL

O ferrolán Gómez Noya, un monstro do tríatlon nas Series Mundiais de Estocolmo

O ferrolán Gómez Noya, un monstro do tríatlon nas Series Mundiais de Estocolmo
Gómez Noya nunha carreira
Gómez Noya nunha carreira  

O ferrolán Javier Gómez Noya rematou esta tarde no primeiro posto das Series Mundiais de Tríatlon celebradas en Estocolmo. A titánica carreira a pé do galego permitiulle lograr a vitoria.


Máis unha vez, o deportista galego Gómez Noya non fallou e fíxose coa 12º vitoria nas Series Mundiais. Co primeiro posto de Estocolmo, o ferrolán, que realizou unha brillante carreira a pé na que deixou atrás os rivais, encamiña o seu quinto mundial.

O recentemente pregoeiro das festas de Pontevedra participará na vindeira fin de semana no duro Ironman 70.3, onde tratará de revalidar o seu título. O 5 e 6 de setembro, Gómez Noya, que xa ten praza para os Xogos Olímpicos de Río 2016, participará en Edmonton e concluirá do 15 ao 19 de setembro na gran final de Chicago.