Gómez Noya vence en Río e clasifícase para os Xogos Olímpicos

Gómez Noya vence en Río e clasifícase para os Xogos Olímpicos
[Imaxe Gómez Noya]
[Imaxe Gómez Noya]  

O ferrolán mantense como o mellor triatleta do mundo.


Javier Gómez Noya xa sabe o que é saír vitorioso do mesmo percorrido que camiñará nos Xogos Olímpicos de 2016. O ferrolán conseguiu o ouro na proba de Rio de Janeiro cunha marca de 1h48m26 fronte o francés Vicent Luis que ficou segundo e o sudafrocano Richard Murray, terceiro. 

Após rematar a carreira, Gómez Noya asegurou que "foi unha boa proba por moitos motivos", entre eles por ter exixido "moito" dos deportistas a causa do "calor" e a "humidade". 

A súa vitoria sitúao como favorito para as Olimpíadas após ter sido cuarto en Beijin (2008) e prata en Londres (2011).