As 'irmandiñas' clasifícanse para as semifinais do Mundial de Irlanda tras derrotar Canadá

As 'irmandiñas' clasifícanse para as semifinais do Mundial de Irlanda tras derrotar Canadá
Foto: @selegalega
Foto: @selegalega  

Impuxéronse 13-2 ás canadinas. A selección galega masculina caeu en oitavos fronte a Francia, unha das grandes favoritas, nun disputado encontro no que forzou a prórroga.


Sabor agridoce nesta xornada do Mundial de Irlanda de Fútbol Gaélico. Derrota da selección masculina e vitoria da feminina, que se clasifica para as semifinais. As irmandiñas derrotaron claramente Canadá por un contundente 13-2.

Os rapaces da selección galega caeron fronte a unha das grandes favoritas, Francia, mais disputaron un moi bo partido que obrigou a forzar a prórroga e na que os galos tiveron que empregarse a fondo.


En 2015 a Gaelic Athletic Association (GAA) creou os xogos mundiais, que nesta terceira edición, Irlanda 2019, reúnen 85 equipos e máis de 1.200 xogadores e xogadoras de todas as partes do mundo. O evento acollerá unha fase “Irish” na que só xogan irlandeses que viven fóra de Irlanda e outra “Native” na que compite Galiza e outras seleccións formadas por deportistas non irlandeses