O FERROLÁN RECIBE O GALARDON QUE PREMIA O SEU MÉITO DEPORTIVO

Javier Gómez Noya, Premio Princesa de Asturias do Deporte

Javier Gómez Noya, Premio Princesa de Asturias do Deporte
Imaxe elixida pola Fundación Princesa de Asturias para ilustrar o premio.
Imaxe elixida pola Fundación Princesa de Asturias para ilustrar o premio.  

O sete veces Campión do Mundo de Triatlón recibiu na mañá desta cuarta feira o galardón que recoñece a súa grande labor como deportista que ven acompañada da transmisión duns valores positivos para a sociedade.


Javier Gómez Noya foi nomeado esta mañá como novo Premio Princesa de Asturias dos Deportes. Este recoñecemento chega cando o galego suma cinco campionatos mundiais ITU de triatlón, tres campionatos de europa e unha medalla de plata nos xogos olímpicos, con Rio 2016 no punto de mira.

Este galardon recoñece a grande traxectoria e palmarés de Noya á que se lle suma unha constancia abrumadora, sendo podium mundial durante 8 anos consecutivos. Ademais, Gómez Noya é un exemplo de superación, pois tivo que sobreporse a unha anomalía cardíaca detectada no ano 1999, pola que se lle remataría por impedir competir a nivel profesional, no ano 2003. Dende aquela, Noya loitou por recuperar a licencia internacional e tres anos despois voltou á competición oficial gañando tres probas do Mundial. A partir de aí a figura de Noya foi a máis e convertíuse nun dos deportistas galegos máis importantes da historia.

No ano 2013, Javier Gómez Noya xa fora nominado como finalista deste premio, que finalmente fora para José María Olazábal. Nesta edición impúxose á esquiadora estadounidense, Lindsey Vonn; á selección de rugby neozelandesa, os All Blacks e ao piloto de rally, Sebastién Loeb.

O xurado reunido en Oviedo argumentou a entrega do galardón a Gómez Noya pol seu "Incontestable e brillante palmarés" e pola súa "perseverancia ante a adversidade, demostrando unha enorme fortaleza e un encomiábel espírito de superación en toda a súa carreira".