Lendoiro presenta a camisola do Deportivo coa bandeira galega

Lendoiro presenta a camisola do Deportivo coa bandeira galega
A proposta de camisola do Dépor
A proposta de camisola do Dépor  

O presidente do Deportivo e candidato á reelección aposta na galeguización do clube na súa campaña. Esta terza feira, pendurou na súa conta twitter a súa "proposta de camiseta" para a vindeira temporada.


Galeguizar o Deportivo, ese está a ser un dos mantras da campaña de Lendoiro. E o símbolo, o deseño cunha camisola coa bandeira do país, que esta terza feira apresentou na súa conta twitter [email protected]

De facto, nos últimos meses o clube ten dado pasos na dirección dun maior compromiso coa lingua nacional, que se emprega agora con normalidade na megafonía -desde a incorporación de José Luís Núñez como speaker- e con frecuencia desigual na conta oficial do clube en twitter.

Contribúe tamén a criar este clima de galeguización do clube non só os usos lingüísticos do seu treinador, Fernando Vázquez, sempre comprometido co noso idioma, mais tamén o comportamento de futbolistas como Álex Bergantiños ou o mozo dianteiro de Burela Luís Fernández, que xa ten protagonizado conferencias de imprensa integramente en galego.

Porén, falta un compromiso explícito á hora de impulsar unha reforma dos estatutos que retire o topónimo deturpado do nome oficial do clube.

 



x