Lendoiro sobrevive nos despachos mentres Fernando procura salvar a equipa no campo

Lendoiro sobrevive nos despachos mentres Fernando procura salvar a equipa no campo
Lendoiro
Lendoiro  SG
Lendoiro mantén o control da área económica do Deportivo, despois de así o determinar o Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña. Continuará a gañar o 1 por cento do orzamento do clube.

O xuíz rexeitou a demanda do administrador concursal, que tencionaba deixar ao presidente do clube sen ningunha competencia sobre o patrimonio e as finanzas da entidade. Lendoiro apúntase unha vitoria nos despachos, mentres Fernando traballa para que este sábado chegue a primeira con el como treinador (face o Rayo en Riazor, apartir das 18 horas).

O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña ditou hoxe un auto en que dá a razón ao presidente do Deportivo no seu confronto co administrador concursal. Este tencionaba que se lle arrebatase a Lendoiro calquer posibilidade de control sobre o patrimonio da entidade. O xuíz entende que non ha lugar a esta pretensión. Así, as competencias económicas de Lendoiro continúan intervidas, como corresponde a un concurso, mas non suspendidas.

Na súa declaración perante o xuíz, o Deportivo alegou que no existían motivos para se proceder ao cambio de réxime (de intervención a suspensión) que demandaba o administrador concursal.

A vitoria xudicial de Lendoiro permítelle conservar o seu salario, que representa o 1 por cento do orzamento do clube.

E mentres as evolucións do presidente son exitosas nos despachos, Fernando Vázquez tenciona que as dos seus futbolistas o sexan tamén sobre o relvado. Este sábado, o típico encontro que hai que gañar si ou si. Agarda o Rayo. 18 horas. Estadio de Riazor. Ningunha marxe para o erro.