O Madrid golea o Celta (7-1)

O Madrid golea o Celta (7-1)
[Imaxe: RRCV] Celta
[Imaxe: RRCV] Celta  

Malia que o Celta lle puxo o partido difícil ao Madrid na primeira metade, os madrileños reaxiron no segundo tempo e acabaron subindo ao marcador sete goles fronte a un só tanto dos galegos.


Ao Celta tocoulle sufrir no Bernabeu. Nada facía pensar na primeira parte no avultado do resultado final (7-1), pois un Celta ofensivo disputaba con soltura o balón e dispuña de ocasións claras nos primeiros minutos do encontro.

Fronte á falta de pegada dos vigueses, os madrileños conseguían anotar o seu primeiro tanto no minuto 40, cando Pepe cabeceou á rede o balón nun saque de esquina. Sen éxito, o Celta afanouse en buscar o empate até o asubío que daba paso ao descanso.

Á volta dos vestiarios, cun disparo desde lonxe, Ronaldo conseguía anotar o segundo tanto da tarde. O Celta tardou en reaxir ante o segundo gol e cando apenas pasaran 8 minutos, Ronaldo subía ao marcador o 3-0. Nesta ocasión, os vigueses tiveron a sorte do seu lado e conseguiron marcar. O gol chegaba tras un balón longo de Sergi Gómez cara a Iago Aspas, que metía o esférico após unha lograda vaselina.

Apenas dous minutos tras o gol de Aspas, un fallo do Celta perto da área rematou no terceiro gol e Ronaldo e cuarto do Madrid. No minuto 30 da segunda parte, Ronaldo marcaba o seu cuarto tanto e a falta de dez minutos para finalizar o partido, Bale facía o propio.

Madrid: Navas, Pepe, Ramos, Ronaldo, Casemiro, Carvajal (Marcelo, min.77), Kovacic, Lucas V., Isco (Bale, min.65), Danilo e B. Mayoral (Jesé, min.70)

Celta: Rubén Blanco, Jonny, Planas, Gómez, Mallo, Marcelo Díaz, Orellana, Wass (Beavue, min.78), Pablo Hernández (Radoja, min.34), Nolito e Iago Aspas (Guidetti, min.67)

Goles: 1-0, min.40: Pepe; 2-0, min.50: Ronaldo; 3-0, min.58; 3-1, min.62: Iago Aspas; 4-1, min.64: Ronaldo; 5-1, min.71: Ronaldo; 6-1, min.78: Jesé; 7-1, min.80: Bale

Árbitro: Gil Manzano, do comité. Amoestou Danilo, Pepe, Nolito, Jonny, Orellana