Messi reduce o Celta

Messi reduce o Celta

Dúas xogadas coa marca do arxentino derrotan unha equipa celeste que non acaba de mostrar todo o seu potencial.


O Celta non foi ao Camp Nou a ser un calquera. Saltou ao campo cunha idea e un obxectivo e nos primeiros minutos emproou cara á área culé anunciando que quería xogar e ir a polo partido. Mais entón chegou Messi, combinou con Jordi Alba e a xogada acabou cun gol de Dembelé. Torcíase o panorama para o club galego.


O Celta entón quixo ter a pelota para ir tecendo aos poucos a posibilidade de empatar. O Barça non apertaba mais si mantiña a brúxula de perigo activada. Os celestes, porén, semellaba que non eran quen de mostrar toda a súa potencialidade. O esbozo de equipa que se leva perfilando nestas semanas non acaba de concretarse definitivamente en resultados. 


A piques de finalizar a primeira metade, gol de Messi. Dous a cero. A segunda parte foi de posesión galega da pelota mais iso non valeu para rabuñar algún punto no Camp Nou.O conxunto dirixido por Miguel Cardoso non puido concretar ningunha das ocasións xeradas embora ter o control do partido en boa parte da segunda metade e deixar unha boa imaxe .


Iago Aspas tivo que ser substuído por lesión muscular no seu xemelgo dereito que o terá un mes afastado dos campos de xogo.


 

Ficha

FC Barcelona (2): Ter Stegen; Semedo, Piqué, Lenglet, Alba; Busquets (Aleñá min.85), Rakitic, Vidal (Arthur min.61); Messi, Dembélé (Coutinho min.66) e Luis Suárez.

RC Celta (0): Rubén; Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Mazan; Brais Méndez, Okay Yokuslu (Lobotka min.46), Jozabed, Boufal (Sisto min.75); Aspas (Beltrán min.52) e Maxi Gómez.

Goles: 1-0 Dembele, min 9; 2-0 Messi, min 44.

Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amoestou Iago Aspas (RC Celta).

Campo: Nou Camp
 



x