Moi digno papel do Balonmán O Porriño na Copa da Raíña


Moi digno papel do Balonmán O Porriño na Copa da Raíña
O Elche rachou as ilusións das porriñesas por seguir na competición.

As xogadoras de Abel Estévez loitaron até o final por darlle unha alegría á máis de mil persoas que enchían o pavillón Municipal da capital da Louriña. As perdas de balón acumuladas en todo o partido fixeron imposíbel a remontada final. O soño de chegar a semifinais esmagouse contra a agresividade dun Elche que non deu oportunidades. O primeiro tempo rematou cun dificil 21-12 que lastrou a seunda parte.

No minuto 43 chegouse a un esperanzador 20-25 mais foi unha ilusión. Pasaban os minutos e as visitantes aumentaban a diferenza polo que ao treinador non lle quedou máis opción que premiar a todas as súas xogadoras pola histórica clasificación para a Copa da Raiña, rematando o partido con todas as súas xuvenís en pista.



x