O BNG pide ao goberno que explique no Congreso o veto ás estreleiras en Valladolid e outros estadios

O BNG pide ao goberno que explique no Congreso o veto ás estreleiras en Valladolid e outros estadios

A fronte nacionalista rexistra unha pregunta na Cámara baixa para que o goberno español explique como as forzas de seguridade entenden que a bandeira nacionalista galega é “un problema de orde pública” ou “unha cuestión de seguridade”


A requisa a [email protected] do Deportivo de bandeiras nacionalistas no estadio do Valladolid, último capítulo dun ronsel de accións represivas dirixidas contra os [email protected] de equipas galegas en certos campos do Estado, chega ao Congreso. E faino a través dunha pregunta que presenta o BNG e na que inquire ao goberno español por estas actuacións.

@s nacionalistas interésanse por coñecer os motivos de por que as forzas de seguridade se incautan de bandeiras democráticas e mesmo cheguen a ameazaren a afeccionados que levan estas enseñas. Diríxese o BNG directamente ao Ministerio do Interior para preguntarlle en que se basea para inclusive prohibir o acceso a unha persoa ao estadio se este levar unha estreleira.

Nesta liña, o goberno español terá que respostar se considera ou entende que a bandeira nacional galega é “unha cuestión de seguridade” ou “altera a orde pública” nun estadio deportivo, mentres que neses parámetros nunca se poñen ás bandeiras españolas, mesmo aquelas que simbolizan a ditadura franquista.

[email protected] no punto de mira

En Valladolid mesmo se levantou unha acta a un seareiro deportivista na que puña: ““El funcionario actuante requiere al denunciado para que deposite en el control de entrada una bandera independentista que lleva atada a la cintura. Al negarse, el funcionario actuante procede a hacer que abandone el estadio”.

A teor disto, o BNG quere saber por que as forzas e corpos de seguridade do estado tratan @s [email protected] [email protected] que acoden aos estadios con bandeiras nacionalistas “como un problema de seguridade ou de alteración da orde pública”.