O Celta mantén a Resino unha temporada máis mentres no Depor, Lendoiro e Vázquez tentan acadar un acordo


O Celta mantén a Resino unha temporada máis mentres no Depor, Lendoiro e Vázquez tentan acadar un acordo

Finalizada a campaña, ambas as dúas equipas traballan na configuración do plantel. Os adestradores, o primeiro punto

O Celta xa anunciou que Abel Resino seguirá outra temporada no banco vigués após de ter mantido o equipo en primeira. Aliás, e contra o ruxe ruxe que circulaban en sentido contrario, o director deportivo Miguel Torrecilla tamén continuará un ano máis, polo que afrontará a súa quinta campaña cos celestes.

En canto a xogadores, a confirmación oficial da marcha de Aspas ao Liverpool é cuestión de horas. O de moaña e o club inglés xa terían asinado o acordo polo que Aspas percibiría 1,5 millóns de euros por temporada, comprometénse cos Red Devils por catro delas. O Celta percibirá 9 millóns de euros, aproximadamente.

Contactos na Coruña

Mentres, Lendoiro e Vázquez seguen coa xuntanzas para chegar a un acordo de reconación de Fernando co club coruñés. Lendoiro e o adestrador de Castrofeito xa tiveron varias reunións, que finalizaron sen acordo mais coa intención de perseverar para acadalo. A diferencia entre ambas as dúas partes podería ser a cuestión económica.

Non hai dúbida de que a afección deportivista desexa si ou si a continuidade de Fernando Vázquez, que é un ídolo en Riazor.