O Celta non asenta

O Celta non asenta
Imaxe: RC Celta
Imaxe: RC Celta  

Cae ante o Girona (1-0), nunha nova derrota cun rival directo por aspirar a prazas europeas.


O Celta non dá asentado na zona da táboa desde a que atacar as prazas europeas. Esta terza feira caeu contra un rival directo nesa loita, o Girona (1-0), perdendo unha oportunidade de marcar diferenzas. Non foi desde logo o mellor encontro dos celestes.Encaixaron un gol de córner aos15 minutos e non foron quen de amarrar algún punto nun partido importante.

Non está a render como visitante.  O Celta volveu caer – como en Gasteiz e Xetafe- mais nesta vez nun partido cun nivel moi  por baixo do que é habitual. Mostrou febleza defensiva e o centro do campo non tivo o seu mellor día: Jozabed marrou bastante e Wass non acabou de sentirse cómodo.

Emre Mor reivindicouse, e foi do máis salientábel dos celestes. Con forza, protagonizou carreiras desequilibrantes e puxo centros á área rival. Sergi Gómez e Mor foron do mellor, houbo momentos en que o turco parecía esar en todas partes.

Mais non foi abondo. Aspas e Maxi Gómez non poden estar sempre ao rescate.

Ficha técnica

Girona FC (1): Bono, Ramalho, Bernardo, Juanpe, Maffeo, Pere Pons, Grannell, Borja García (Aleix García, min.71), Planas, Portu (Timor, min.91) e Stuani (Lozano, min.84).

RC Celta (0): Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Jozabed (Radoja, min.75), Wass (Boyé, min.75), Iago Aspas, Emre Mor e Maxi Gómez.

Goles: 1-0, min.15; Portu.

Árbitro: Trujillo Suárez, do comité tinerfeño. Amoestou  Maffeo, Stuani, Jonny, Emre Mor, Aleix García.