O Dépor ficha o ex céltico Krohn-Dehli, o que coloca Çolak na rampa de saída

O Dépor ficha o ex céltico Krohn-Dehli, o que coloca Çolak na rampa de saída
Krohn-Delhi persegue Andone nun Deportivo-Sevilla
Krohn-Delhi persegue Andone nun Deportivo-Sevilla  

O dinamarqués, de 34 anos, é un futebolista de calidade técnica excelsa. A súa fichaxe abre a perspectiva de o Deportivo colocar no mercado de inverno o turco Çolak. O obxectivo continúa a ser contratar un medio centro defensivo.


Ninguén agardaba a contratación dun futebolista das características de  Krohn-Dehli, ex xogador do Celta e até agora integrante do plantel do Sevilla. O seu perfil, eminentemente criativo, torna desnecesaria a presenza na Coruña de Çolak, no albo de Cristóbal após o enésimo episodio de indisciplina do ex do Galatasaray.


A operación  Krohn-Dehli -que esta segunda feira pasará recoñecimento médico- pasa por facer sitio no vestiario, para non superar o teito salarial da escadra branquiazul. En todo caso, a chegada do dinamarqués non cobre a principal demanda de Cristóbal ao clube, un mediocentro defensivo que bote unha man en tarefas destrutivas nunha equipa que recebeu 46 goles no que levamos de campionato.