O Parlamento aproba por unanimidade pedir á Xunta que recoñeza a billarda como deporte

O Parlamento aproba por unanimidade pedir á Xunta que recoñeza a billarda como deporte
Imaxe: O Fervedoiro
Imaxe: O Fervedoiro  

Insta a Xunta a dialogar coas diferentes entidades para crear unha Federación galega de Deportes Autóctonos.


A inicios de abril representantes das tres confederacións que integran a Liga Nacional da Billarda (LNB) desprazáronse até Compostela para trasladar aos grupos parlamentarios unha demanda: que se lles considere deporte. “O recoñecemento  como deporte é moi importante”, explicaba daquela Xan Rodiño, da LNB, a Sermos Galiza, porque garantiría “a pervivencia” desta práctica a permitiría a súa extensión. “Se a Liga Nacional da Billarda desaparece, desaparecería a billarda”, aseguraBA, para ilustrar o esforzo e vontade que mantén vivo este xogo popular.

A Comisión 1º, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento galego vén de aprobar por unanimidade un texto, a partir dunha INICIATIVA do BNG, no que se demanda á unta  que recoñeza a billarda como modalidade deportiva. E non só, tamén lle insta a abrir un proceso de diálogo cos colectivos e entidades que traballan no eido dos deportes tradicionais de cara a crear una “Federación Galega de Deportes Autóctonos”.

A declaración aprobada por unanimidade tamén insta a que se desenvolva un programa de divulgación da billarda ou estornela no ensino e na sociedade en xeral; así como apoiar as competición desta actividade que se desenvolvan na Galiza, e tamén que o Plan de Infraestruturas Deportivas complete espazos para esta práctica.

O deputado nacionalista Luis Bará, que defendeu a iniciativa, considera o acordo “un gran paso adiante para darlle recoñecemento e visibilidade ao xogo da billarda” e trasladou o  recoñecemento do BNG  ás persoas e colectivos que desde o ano 2003 traballaron  na recuperación ddeste xogo coa creación da Liga Nacional da Billarda que se organiza en tres Confederacións: A Norleste, a Noroeste e  Rías Baixas.