A Policía négase a dar conta dos motivos polos que requisa ‘estreleiras’ en estadios de fútbol

A Policía négase a dar conta dos motivos polos que requisa ‘estreleiras’ en estadios de fútbol

A Dirección xeral da Policía responde á solicitude de Dereitos Civís que dar a coñecer esa información pode supoñer “un risco para a seguridade cidadá”.


A Dirección xeral da Policía non informa dos motivos polos que se procede a requisar bandeiras galegas coa estrela vermella en estadios de fútbol pois iso pode supoñer un risco para a seguridade cidadá. A plataforma Dereitos Civís solicitara a través do Portal da Transparencia información a respecto das motivacións da Policía para proceder a requisar estas bandeiras a seareiros do Celta o pasado 28 de xaneiro no estadio do Leganés.”Dar a coñecer os informes nos que se basea a policía para considera que a exhibición destes elementos podería incidir na seguridade do encontro deportivo que pode, a súa vez, supor un risco para a seguridade cidadá”.

DDCC afirma que a Dirección xeral da Policía botou man do artigo 14 da Lei da Transparencia, que limita o acceso á información, para alén de responder, asegura a plataforma, que “"a inadmisión fundaméntase en que a información solicitada refire a aquelas materias e procedementos de análise e investigación que corresponde tutelas á Policía Nacional (...), ao obxecto de cumprir o mandato constitucional de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá".