O pontevedrés Pablo Dapena proclámase en Dinamarca campión do Mundo de Triatlón de longa distancia

O pontevedrés Pablo Dapena proclámase en Dinamarca campión do Mundo de Triatlón de longa distancia
Dapena
Dapena  

O triatleta galego Pablo Dapena vén de se proclamar  campión do Mundo de Triatlón de Longa Distancia no Festival Multideporte que se está a disputar en Fyn (Dinamarca).  Dapena controlou a proba dende o inicio. Na natación saiu na segunda posición e pegado ao primeiro clasificado Marko Albert. E así estes dous deportistas foron en cabeza ata o quilómetro 38, no que foron cazados por un trío, que despois creceu ata formarse un sexteto.


No quilómetro 90,  atacou e marchou en solitario Wild Ruedi, que logrou chegar a segunda transición cuns 38 segundos de distancia sobre este grupo. No quilómetro 4,5 o galego quedou en cabeza e pouco a pouco foi abrindo distancias para chegar a meta en solitario cun tempo final de 05:19:30 nun gran recital do pontevedrés.  A segunda posición foi para Wild Ruedi (05:22:13) e  Marko Albert logrou o bronce (05:22:27).



x