O Racing de Ferrol, un paso máis cerca de Segunda

O Racing de Ferrol, un paso máis cerca de Segunda
Imaxe: Racing de Ferrol
Imaxe: Racing de Ferrol  

O equipo ferrolán eliminou o Reus na primeira rolda da eliminatoria de ascenso grazas a un empate sufrido.



Sufriu o Racing de Ferrol pero conseguiu pasar á seguinte fase. O conxunto ferrolán empatou a un gol no partido de volta en Reus, facendo boa a vitoria pola mínima na Malata. O gol de Marcos Álvarez no minuto 70 deu a tranquilidade ao equipo galego e o pase á primeira rolda da eliminatoria de ascenso a Segunda División.

O porteiro Ian Mackay salvou en varias ocasións aos ferroláns, dominados polo Reus na primeira parte. O Racing estivo máis sólido na segunda metade e adiantouse no marcador. Nano, autor do gol na ida, tivo unha clara ocasión para aumentar a vantaxe, pero foi o equipo catalán quen atinou para empatar no 84. Resistiu o Ferrol para manter vivo o soño do ascenso.

CF Reus Deportiu: Edgar Badia, Cassamà, Migue Marín (Sergi Masqué, 72’), Olmo, Moyano, Jaume (Fran Carbia, 72’), Vítor (Guedes, 76’), Ramón Folch, Edgar Hernández, Óscar Rico, Álex Colorado

Racing Club Ferrol: Mackay, Cuello, Maceira, Víctor Vázquez, Tena, Maikel, Marcos Álvarez, Dani Rodríguez, Joselu (Dalmau, 89’), Pablo Rey, Nano (Diego Vela, 87’)

Goles: 0-1 Marcos Álvarez (71’) 1-1 Fran Carbia (84’)