3-3

A relaxación pásalle factura a un Celta que non logra a vitoria

A relaxación pásalle factura a un Celta que non logra a vitoria
[Imaxe: RCCV]
[Imaxe: RCCV]  

O Celta empatou a tres goles co Valladolid nun encontro intenso en que os visitantes lograron marcar no tempo de compensación.


Partido tolo en Balaídos que rematou cun 3-3. Un empate froito da relaxación dos pupilos de Antonio Mohamed, que ían por diante no marcador. E é que o Valladolid conseguiu as táboas grazas ao tanto de Leo Suárez no minuto 94. Un gol que igualaba os dous tantos de Iago Aspas e o de Maxi Gómez. Antes, Óscar Plano e Enes Unal achegaran os visitantes aos galegos, que sempre foron por diante no marcador.

Os locais adiantáronse moi cedo, no minuto 10, grazas aos goles de Aspas e Gómez. O equipo pucelano acurtou distancias xusto antes do descanso. Após a reanudación do partido, o dianteiro galego Iago Aspas puxo o broche de ouro para asinar o 3-1. Porén, Enes Unal puxo a emoción nos minutos finais tras anotar o seu tanto no minuto 65.

Xa no tempo de compensación, Leo Suárez, que acababa de saltar ao céspede, anotaba o gol do empate no minuto 94 grazas a un pase de Nacho. Malia ir sempre por detrás no marcador, o Valladolid non perdeu a cara e buscou o empate nos minutos finais ante un Celta que pecou de relaxado nos derradeiros minutos de xogo. Os de Mohamed fican agora na cuarta posición con oito puntos.

RC CELTA: Sergio, Roncaglia, Costas, Araujo, Juncà (Júnior, min.59), Okay, Brais Méndez (Beltrán, min.82), Lobotka, Iago Aspas, Maxi Gómez, Boufal (Sisto, min.69).

REAL VALLADOLID: Masip, Olivas, Calero, Borja (Ünal, min.56), Óscar Plano, Alcaraz, Moyano (Leo Suárez, min.92), Cop, Míchel, Nacho, Gontan (Toni, min.52).

Goles: Iago Aspas (min.4, 1-0); Maxi Gómez (min.9, 2-0); Óscar Plano (min.39, 2-1); Iago Aspas (min.54, 3-1); Ünal (3-2, min.65); Leo Suárez (3-3, min.94).

Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amoestou Juncà, Roncaglia (Celta); Alcaraz, Cop (Valladolid).



x