A selección galega competirá no Euro2018 de fútbol gaélico

A selección galega competirá no Euro2018 de fútbol gaélico
Fútbol gaélico selección Foto-AGFG
Fútbol gaélico selección Foto-AGFG  

Desputarase en An Orient (Bretaña) o 11 e 12 de agosto, no marco do Festival intercéltico e participarán selección como a de Alemaña, Bretaña ou Francia, entre outras.


Galiza volverá medir internacionalmente o seu nivel e competitividade no fútbol gaélico, unha disciplina que desde o seu desembarco no país hai menos dunha década estendeuse rápidamente e situou o noso país entre os lugares a ter en conta en Europa.

11 e 12 de agosto desputarase en An Orient, Bretaña, o Euro 2018 de fútbol gaélico, que toma así o relevo da realizada en 2017 en Düsseldorf. Galiza competirá nesa cita coa selección masculina e feminina. No torneo participan selección de países como Bretaña, Alemaña. Francia, Escocia ou países escandinavos, segundo a organización.

As selección galegas, feminina e masculina, xa están peparando este campeonato internacional. Para representar a Galiza no combnado feminino hai convocadas 6 xogadoras do Fillas de Breogán, 4 do Estrela Vermelha, 2 de Herdeiras de Dhais, 1 do Pontevedra e 1 do Auriense. Para integrar a selección masculina foron chamados  6 xogadores do Estrela Vermelha, 5 de Irmandinhos, 1 de Auriense, 1 de Herdeiros e 1 de Fillos de Breogán.



x