'MEMORIAL PACO FENOSA'

A traiñeira de Cabo imponse na cita de pre-temporada de Chapela

A traiñeira de Cabo imponse na cita de pre-temporada de Chapela

Os barbanzáns conquistaron os dous primeiros postos coas súas embarcacións B e A. O podio completouno Tirán B. Tomaron parte na regtata 23 traiñeiras


Cabo de Cruz impúxose no 'Memorial Paco Fenosa', a cita de pre-temporada que se desputa en Chapela en honor do que foi o presidente do clube de remo desta localidade. Unha vitoria por partida dupla, pois os crucenses conquistaron os dous primeiros postos do podio. Cabo B entrou primeira, cun tempo de 20:00:23, e Cabo A de segunda, a 12 segundos. O podio completouse con Tirán B, a moi escasa diferencia. Neste memorial, que este ano celebrou a súa 11ª edición, tomaron parte 23 traiñeiras.

Os de Cabo de Cruz suman esta vitoria á conseguida hai unhas semanas na contra-reloxo que se desputou en augas da súa localidade. Nas anteriores regatas de pre-temporada, as vitorias foron para Mecos (Memorial Lagar, O Grove) e para Tirán (Memorial Pepe O Ruso, Bueu).

Estas competicións serven para ir “quentando motores” de cara ao inicio da Liga Galega de Traiñeiras e da Liga ACT. Na competición galega competirán esta temporada 20 clubes, mentres que na ACT van ser 2 as participantes galegas: Cabo de Cruz e Tirán.