Un empate que sabe a derrota

Un empate que sabe a derrota
Imaxe: RC Deportivo
Imaxe: RC Deportivo  

O Deportivo trae un punto de Leganés, insuficiente para una equipa que queira reverter a carreira cara ao descenso.


Baixou os brazos o Dépor? A pregunta é obrigada após o partido que os coruñeses fixeron en Butarque. Un encontró no que semellaba que o Deportivo non era consciente do que se xogaba. Por veces, xogando sen ansias, por veces, como despistado ou importente. Empatou (0-0) na casa do Leganés mais hai tempo que eses resultados non serven. Non valen para nada perante a lameira na que está o Dépor, nada máis nin nada menos que obrar una milagre para evitar o descenso a Segunda.

 

O Dépor está agora a seis puntos da salvación (e o Levante –que marca esa meta- ten un partido menos). E fican por diante catro encontros que os de Seedorf deberían afrontar a vida ou morte, cumprindo sobre o céspede e confiando en que o levante pinche. É posíbel, claro. Pódese. Mais parece que foron os xogadores os primeiros en crer que iso é imposíbel. Iso semellou en Butarque.

 

Fronte ao Leganés, o Deportivo foi de máis a menos. Saíu con ansia mais esta non durou todo o encontro. Na segunda metade a imaxe era preocupante. Pasaban os minutos e a equipa branquiazul parecía que carecía xa non de folgos mesmo de corazón para afrontar o partido. E, ao final, empate. O Dépor leva catro xornadas consecutivas puntuando e dúas xornadas seguidas sen encaixar un gol. Mais iso, a estas alturas do reto, non serve.

 

Ficha técnica

CD Leganés: Cuéllar, Zaldua, Siovas, Bustinza, Diego Rico, El Zhar, Rubén Pérez, Gabriel, Amrabat (Raúl García, min. 89), Eraso (Brašanac, min. 70) e Guerrero (Beauvue, min. 76).

RC Deportivo: Rubén, Juanfran, Albentosa, Schär, Luisinho, Borges (Andone, min. 79), Pedro Mosquera (Fede Valverde, min. 56), Guilherme, Emre Çolak (Borja Valle, min. 70), Lucas e Adrián.

Árbitro: Álvarez Izquierdo (c. catalán). Amoestou Emre Çolak (min. 28) e Adrián (min. 90).



x