A Universidade de Vigo, incluída na rede de investigación do Consello Superior de Deportes

A Universidade de Vigo, incluída na rede de investigación do Consello Superior de Deportes
Presentación do proxecto pola secretaria de Estado, María José Rienda. Foto: CSD
Presentación do proxecto pola secretaria de Estado, María José Rienda. Foto: CSD  
O centro vigués foi un dos seleccionados polo CSD para desenvolver un proxecto sobre investigación en deporte inclusivo, que a nivel estatal involucra 364 investigadores de 14 universidades, 58 empresas, nove federacións, 14 territoriais e dous centros de Alto Rendemento.

A Universidade de Vigo desenvolverá a rede de investigación “Persoas con discapacidade: Exercicio, Actividade Física e Deporte Inclusivo”, no marco dun proxecto subvencionado polo Consello Superior de Deportes e que involucra outras 20 universidades do conxunto do Estado.

O centro vigués foi seleccionado polo CSD para desenvolver un proxecto que levaba sen convocarse desde 2012 e que estará centrado no deporte adaptado á diversidade funcional.

A nivel estatal, estas redes de investigación en Ciencias do Deporte coordinadas por universidades e que recibirán subvención do CSD involucran 364 investigadores de 14 universidades, 58 empresas, nove federacións, 14 territoriais e dous centros de Alto Rendemento.