O Valladolid non permite aos seus futbolistas cataláns xogar con Catalunya

O Valladolid non permite aos seus futbolistas cataláns xogar con Catalunya

Catalunya enfróntase o 25 deste mes a Venezuela. Un partido no que si estarán Gerard Piqué ou Xavi Hernández.


O Real Valladolid non permite que dous dos seus xogadores e o seu adestrador se incorporen á convocatoria da selección catalá para paticipar no encontro que esta segunda feira, 25 de marzo, vai disputar Catalunya contra Venezuela no estado Montilivi.

O club anunciouno a través dun comunicado no que expresan que os xogadores “Rubén Alcaraz e Jordi Masip” mais o seu adestrador, Sergio González, non teñen permiso para acudir á convocatoria da selección catalá. Deste xeito, estes tres deportistas non poderán estar presentes nese encontro.


O partido si que vai contar coa presenza de xogadores como Gerard Piqué, Xavi Hernández ou Marc Bartra (Betis), entre outros.



x