Éxito da folga xeral en Ferrolterra na defensa dun presente e un futuro para a comarca e o país

Éxito da folga xeral en Ferrolterra na defensa dun presente e un futuro para a comarca e o país
Manifestación folga ferrol
Manifestación folga ferrol  

Éxito da greve comarcal en Ferrolterra: recollida de lixo, Einsa, transporte ou Navantia, totalmente paralizados. Polígonos industria sen actividade algunha, comercio pechado, ao igual que gran parte da hostalaría. A comarca protagoniza un paro comarcal convocado por CIG, USTG, CCOO e UXT para exixir solucións para unha zona abandonada polas administracións e machacada pola crise. Vídeo no interior


Ferrol totalmente paralizado na cuarta greve comarcal da súa historia recente. A greve xeral convocada por CIG, CCOO, UXT e USTG completarase pola tarde con outras tres mobilizacións convocadas pola CIG en Vigo, Compostela e Ribeira para rexeitar unhas políticas que xeran "fame e miseria" e que elevaron as cifras do desemprego até os níveis máis altos desde 2008.

A Folga en Ferrol está a ter un amplo seguimento amplo seguimento da convocatoria: Recollida delixo, transporte ou naval seguen masivamente a protesta. Apenas hai actividade nos diferentes polígonos industriais da comarca. E o comercio secunda maioritariamente a folga. É a cuarta folga comarcal en Ferrol. E a que máis seguimento está a ter, sinalan fontes sindicais. 

Milleiros de persoas toman parte na manifestación que saiu do Inferniño para percorrer rúas da cidade exixindo solucións e futuro para esta comarca. "Temos dignidade, exiximos solucións"

Cunha taxa de desemprego que se coloca no 32% ( a máis alta do Estado e mesmo de Europa) e con máis de 26 empresas pechadas no que vai de ano, a comarca de Ferrolterra vai á greve xeral esta cuarta feira para conquistar un presente e un futuro que lles é negado pola crise e os seus responsábeis.

A mobilización unitaria é un sinal de repulsa da situación de "emerxencia social" á que a abocaron as políticas económicas e sociais aprobadas desde os gobernos galego e español.

“Esta non é unha folga por unha reforma laboral ou en demanda de incrementos salariais, esta é unha folga para esixir solucións políticas para a nosa comarca, polo noso futuro”

Amplos apoios á protesta

A sensación que temos é moi positiva, estamos seguros de que a folga vai ser todo un éxito”, aseguraba o co-responsábel comarcal da CIG de Ferrol, Manel Grandal, matizando que se están adherindo á convocatoria colectivos moi diverxentes: dende autónomos, pasando pola hostalería, o mercado e o comercio local (coas súas propias reivindicacións) e até mesmo se aprobaron mocións de apoio en distintos Concellos da bisbarra.

Tal é o caso de Narón ou Fene, do que o co-responsábel da CIG de Ferrol, Xesús A. López Pintos, destacou o respaldo unánime dado pola Corporación á declaración de apoio “e non hai que esquecer que o PP ten o goberno de Fene”.

“Esta non é unha folga por unha reforma laboral ou en demanda de incrementos salariais, esta é unha folga para esixir solucións políticas para a nosa comarca, polo noso futuro. Para esixir ao goberno da Xunta e de Madrid que apliquen políticas que permitan salvar os nosos sectores produtivos estratéxicos”, asevera co-responsábel da CIG de Ferrol, Xesús A. López Pintos

Á mobilización que sairá ás 12h desde o Inferniño, na cidade departamental.

Foto capa:Suso Bermello. Foto interior: CIG