CONVOCA A CIG

15M: mobilizacións en defensa do sistema público de pensións en 11 cidades e vilas

15M: mobilizacións en defensa do sistema público de pensións en 11 cidades e vilas
CIG pensionistas
CIG pensionistas  

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG convocou 11 mobilizacións en cidades e vilas de Galiza para esta quinta feira, 15 de marzo, na defensa do sistema público de pensións. A central promove estas protestas no marco da campaña para reclamar emprego, salarios e pensións dignas. 


Entre as principais demandas do colectivo salientan o adiantamento da idade de xubilación, como mínimo aos 65 anos; a equiparación da pensión mínima ao salario mínimo; que a actualización anual das pensións sexa equivalente, como mínimo, ao IPC; rematar coas bonificacións e descontos para o empresariado nas cotizacións; a supresión do límite máximo de cotización para os salarios máis altos; acabar co uso indebido dos fondos da caixa da Seguranza Social, dedicándoa a financiar as pensións contributivas, de viuvez e orfandade, e asumindo as demais pensións asistenciais e subsidios aos Orzamentos Xerais do Estado.

  

Sinalan que a pensión media en Galiza é 15 puntos máis baixa que a media estatal, situando o noso país como o segundo territorio coas prestacións máis.

 

Lugares e horarios das mobilizacións                                       

 

-A Coruña: Obelisco, 11:30h

-Cee: Praza do Concello, 12h

-Santiago: Praza de Galiza, 19:30h

-Boiro: Praza do Concello, 11h

-Ferrol: Praza Amada García (edificio Xunta), 12h

-As Pontes: Praza do Concello, 19:30h

-Pontevedra: Praza da Peregrina, 19:30h

-Lalín: Praza da Igrexa, 19h

-Vigo: A Dobrada, 18h

-Lugo: Praza Maior, 19h

-Ourense: Subdelegación do Goberno, 18:30h



x