A Audiencia Nacional ve ilegal retirar a extra de decembro ao persoal laboral da Administración

A Audiencia Nacional ve ilegal retirar a extra de decembro ao persoal laboral da Administración
[Imaxe: SG]
[Imaxe: SG]  
Pide que o Tribunal Constitucional se pronuncie sobre unha posíbel vulneración do artigo 9.3 da Carta Magna ao se ter aplicado a medida con carácter retroactivo


A Audiencia Nacional presentou unha cuestión de inconstitucionalidade perante o TC sobre a supresión da paga extra do mes de decembro ás 872 [email protected] que conforman o persoal laboral das administracións públicas (non [email protected]) do Estado. Considera que esta medida imposta polo Goberno español podería ser ilegal ao se ter aplicado con carácter retroactivo.

O escrito presentado pola Sala do Social e contra o cal non cabe recurso deixa claro que non afecta a [email protected] e bota abaixo o argumento do "interese xeral a causa da crise" que puxera riba da mesa a Abogacía xeral do Estado. Malia xustificar "medidas restritivas de dereitos" perante a "situación altamente inquietante", non está a favor de que tales recortes se apliquen "con carácter retroactivo".

Na mesma intrepretación realizada polo Tribunal supremo, entende a Audiencia que as gratificacións extraordinarias fan parte do salario diferido, que se lles devén diariamente para recibilo con posterioridade @s [email protected] Por tanto, reclaman que o Tribunal Constitucional se posicione sobre a posíbel existencia dunha vulneración do artigo 9.3 da Constitución con esta medida contemplada no RD 20/2012, que entrou en vigor o 15 de xullo do ano pasado.