A CIG renova as súas direccións comarcais


A CIG renova as súas direccións comarcais

Lugo, Vigo, Pontevedra e Compostela elixiron en senllas asembleas as súas direccións e secretarías comarcais

Após o Congreso confederal decorrido os pasados 25 e 26 de maio a Confederación Intersindical Galega vén de renovar os seus órganos comarcais. 

En Lugo, Antonio Niño Saavedra foi eleito como novo secretario comarcal e toma o relevo de Xosé Ferreiro. Xunto a eles Carmen Antas, Jorge Caldeiro Diaz, D M Neira Fraga, Lois Neto, Miguel Vazquez e Xosé Paz conforman a nova executiva. A asemblea, desenvolvida no Gran Hotel xirou arredor do lema “Organización, Loita, Soberanía: Ferramentas contra a crise” e contou con máis de 250 [email protected] 

En Compostela, Anxo Noceda foi re-eleito secretario comarcal nun conclave desenvolvido baixo o lema "O sindicalismo galego afortalando a loita de clases". A nova executiva contará con Renato Núñez Da Silva, Rafael Peña Vidal, Lucía Freire Ces, Laura Bugalho Sánchez, Ánxela Martínez Parada, Xosé A. Maio Abeixón, Eduardo Sebio Molguero e Iago Carreira Trigo. 

Tamén así Vigo acolleu a súa VI Asemblea na que Serafín Otero foi re-eleito secretario comarcal. A nova dirección contará con Anxo Igrexas, Pilar Rodríguez, Rosa Chantada, Francisco Xavier González, Consuelo Lago, Iván García, Marta Gonzalo, Beatriz Caamaño, Manuel Zabala, Ricardo Posada e Raquel Pérez. Baixo o lema “En pé contra o desemprego, a precariedade e o empobrecemento, por unha Galiza ceibe e sen explotación” perto de 300 [email protected] tomaron parte da asemblea na que as consecuencias da crise económica para a comarca marcaron as intervencións. 

En Pontevedra, Marcos Conde asumiu a secretaría comarcal e tomou o relevo de Rafael Iglesias.