A filial arxentina de Pescanova entra en concurso de acredores

A filial arxentina de Pescanova entra en concurso de acredores
Barco da frota de Argenova
Barco da frota de Argenova  

 Argenova posúe 17 buques e 2 factorías (Chubut e Santa Cruz). Pescanova ten o 100% das accións desta compañía


Argenova, a filial de Pescanova en Arxentina, entre en concurso de acredores, segundo informa o Faro de Vigo. Faino un mes despois de telo solicitado formalmente. O auto xudicial protexe os activos de Argenova, que non poderñan ser enaxenados até que haxa un acordo cos acrerdores ou ben, no peor dos escenarios, a firma sexa liquidada.

Así pois, segue a ringleira de dificultades para Pescanova, agora no que atinxe ás súas filiais e intereses noutras firmas e compañías en terceiros países.

Cómpre lembrar que hai uns días tres buques de Argenova sairon a faenar na campaña do langostino, un dos produtos de importancia na axenda de Pescanova.

Recentemente, a filial arxentina despediu a 44 traballadores da factoría que tiña en Comodoro. Após un acordo coa Secretaría de Traballo de Chubut, a empresa comprometeuse a pagar o 70% aos e ás empregadas