A patronal española quer 'minijobs' e contratos de "tres liñas" que faciliten despedimentos

A patronal española quer 'minijobs' e contratos de "tres liñas" que faciliten despedimentos
Rosell, presidente CEOE
Rosell, presidente CEOE  
A patronal española quer 'minijobs' ("é mellor traballar unha hora que ningunha"), contratos laborais simplificados e poñer fin a tanto funcionario (sic) que, apuntan, non fan nada. Aliás, dubidan que no Estado haxa tanto desempregado como din os datos estatísticos

A Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) ten tamén a súa particular folla de ruta para combater a crise. Unha proposta na que se entrelazan desde a aposta polos 'minijobs' até facilidades ao empresariado na contratación e medidas drásticas canto aos empregados públicos. Nada novo, mais o presidente da patronal, Joan Rosell, vén de falar delas sen maquillaxe algún. Así, para a mocidade, Rosell aposta por minijobs con salarios por baixo do convenio.

Para a mocidade, Rosell aposta por minijobs con salarios por baixo do convenio

Defende estes miniempregos porque sinala que é mellor traballar "unha, dúas ou tres horas" que "ningunha". E critica que os sindicatos se neguen a contemplar esta posibilidade e cualifiquen estes minijobs como contratos lixo.

Alén disto, a CEOE tamén quere maior simplificación na contratación laboral. "Con tres líñas abondan, e non eses tochos tremendos". Aliás, advoga por que existan unha serie de condicións 'pactadas' no contrato que faciliten o despedimento.

Funcionarios, no albo

No discurso de Rosell tamén hai sitio para o funcionariado. O presidente da patronal española considera que hai moito [email protected] que actualmente non ten traballo a desenvolver, polo que sería mellor, apunta, "mandalo para casa".

E a isto engade que dubida de que no Estado español haxa seis millóns de [email protected] Iso si, para os e as persoas en paro, pide que se lles obrigue a dar cursos e revisar a prestación.