A Xunta lamenta a situación de Pescanova mais evita pronunciarse sobre a xestión de Sousa

A Xunta lamenta a situación de Pescanova mais evita pronunciarse sobre a xestión de Sousa
Pescanova
Pescanova  sg

A Xunta agarda que “se aclare” a situación da empresa e afirma que o principal é que “o conflito” non teña consecuencias en canto perda de empregos. Mais evita pronunciarse sobre os escándalos que saen á luz sobre o presidente da firma, moi próximo ao PP e a Feijóo


A Xunta agarda que Pescanova aclare “o máis rápido posíbel” a súa situación financeira, para que este “conflicto” non afecte aos e ás traballadoras da empresa: 1.500 na Galiza e por volta de 10.000 en todo o mundo. Así se expresou a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Unhas declaracións que se producen após 72 horas nas que escándalo tras escándalo, a fifura do presidente de Pescanova, Fernández de Sousa, quede moi danada: Venda da metade das súas accións sen informar ao CNMV, venda de filiais sen dar conta ao consello de administración,...

A posición de Fernández de Sousa é ben difícil, con perda progresiva de apoios desde que Pescanova solicitou preconcurso de acredores, entre esta perda a de Iago Méndez, fillo do noutrora poderoso Méndez (Caixa Galicia) e íntimo de Sousa.

Até a Xunta está dando pasos para se desmarcar, mais sen criticar nin reprochar públicamente. No inicio da crise, conselleiros e presidente da Xunta falaban de que había que confiar na dirección da firma para facer fronte a esta situación. Agora xa non se mostra esa confianza. Mais tampouco se critica a quen foi sempre unha persoa moi próxima o PP.