Abanca gañou 430 millóns de euros en 2018, 17% máis que o ano anterior

Abanca gañou 430 millóns de euros en 2018, 17% máis que o ano anterior

A entidade gañou desde 2014 máis de 2.600 millóns de euros. Novagalicia Banco fora vendida polo Goberno central por mil millóns de euros após destinar ao seu rescate máis de 9.000 millóns.


En decembro de 2013 o grupo venezuelano Banesco mercaba Novagalicia Banco, o que ficaba das caixas galegas, por 1.003 millóns de euros. Unha adquisición que o maior anco privado de Venezuela facía despois de que o estado dedicase máis de 9.000 millóns de euros a rescatar e ‘sanear’ as entidades galegas. Nacía entón Abanca, e desde entón acumula ganancias nestes anos por máis de 2.600 millóns de euros, unha cantidade 150% superior á que pagou Banesco.

Abanca rexistrou en 2018 un beneficio neto de 430 millóns de euros, o que representa 17,3% máis que no ano anterior, 2017, o "mellor exercicio da súa traxectoria en termos económicos". Así o d manifestou o presidente do banco, Juan Carlos Escotet, na presentación de resultados. A capacidade de xeración de resultados procede "fundamentalmente", segundo Abanca, dos ingresos recorrentes (marxe básica), que medraron en 9,5% como consecuencia de maiores achegas tanto pola vía de intereses como dos ingresos por servizos.

Así, destaca 2018 pola "fortaleza comercial" no negocio bancario e de seguros de Abanca. O volume de negocio con clientes incrementou até os 69.213 millóns de euros sen ter en conta operacións corporativas, 5,6% máis.

Ademais, a entidade reforzou a súa base clientes cun incremento de 12% no número de nóminas domiciliadas, mentres que o número de novos clientes con seguros avanzou en 13%. "

Estes 430 millóns de euros de beneficio súmanse aos 367 millóns obtidos por Abanca en 2017, aos 333 millóns de 2016 e aos 330 de 2015. Abanca obtivo en 2014 un beneficio consolidado de 1.157 millóns de euros após impostos, unha cifra que levou á dirección da entidade financeira a recoñecer que bateron “amplamente” a súa previsión para este primeiro ano da nova etapa.