Adolfo Domínguez propón 110 despedimentos, 8% do cadro de persoal

Adolfo Domínguez propón 110 despedimentos, 8% do cadro de persoal

O grupo Adolfo Domínguez finalizou o exercicio fiscal 2017-2018 con 114 millóns de euros en vendas e unha mellora do resultado operativo de 75% respecto ao ano anterior.


Adolfo Domínguez despedirá 110 traballadores, 8% do seu cadro de persoal, composto por 1.325 persoas, após a posta en andamento do seu plan de fusión de marcas, segundo vén de anunciar a propia compañía galega. AD iniciará un expediente de despedimento colectivo, mobilidade e modificación das condicións de traballo por causas económicas, produtivas e organizativas que afectará 110 postos de traballo.

 

A firma galega iniciou o proceso de fusión das súas marcas U, AD+ e Adolfo Domínguez baixo unha mesma marca - Adolfo Domínguez- coa transformación de aproximadamente 115 puntos de venda. Unha vez finalizado o proceso, unha soa marca, Adolfo Domínguez, sumará 416 puntos de venda en 29 países.

 

O grupo Adolfo Domínguez finalizou o exercicio fiscal 2017-2018 con 114 millóns de euros en vendas, 1.325 empregados e unha mellora do resultado operativo de 75% respecto ao ano anterior.



x