Alcoa apunta agora a San Cibrao

Alcoa apunta agora a San Cibrao

A multinacional di que está en risco o futuro da planta de Mariña ante o que considera que é o insuficiente contido do proxecto de estatuto electrointensivo.


O proxecto de Real Decreto que prepara o goberno español para regular o estatuto de consumidores electrointensivos non convence Alcoa, que considera que de se limitar as medidas ao que se recolle no texto publicado esta segunda feira a viabilidade da planta de San Cibrao, “a única que soporta a produción de aluminio no Estado español na actualidade”, estaría “en risco”.

Non lle convence a multinacional o paquete anunciado de medidas, que ve de incerta aplicación, como as compensacións por CO2. E considera que a factoría de San Cibrao non tería a viabilidade asegurada.

Desde o comité de empresa xa se solicitou unha xuntanza cos alcaldes da comarca da Mariña. A citá é esta sexta feira, día 22, na propia factoría. O persoal teme polo futuro da planta ante o elevado peso do custo da enerxía, pois supón 40% do custo de fabricación do aluminio.

A comarca da Mariña non se entende sen Alcoa. A factoría de aluminio dá emprego directo a 1.200 persoas e xera unha terza parte do PIB da provincia de Lugo.

lcoa comprou á Sociedade estatal de participacións industriais (Sepi) en 1998 varias plantas, entre elas as 2 galegas, pagando menos de 400 millóns de euros. Hai 20 anos. Desde 1998 a 2011 a compañía gañou perto de 1.500 millóns de euros. E recibiu nunha década máis de 1.000 millóns de euros en axudas públicas.



x