Alcoa gaña 5% máis, o seu valor aumentou en 27% e considera que en 2019 haberá déficit de aluminio

Alcoa gaña 5% máis, o seu valor aumentou en 27% e considera que en 2019 haberá déficit de aluminio

Prevé que en 2019 a demanda de aluminio medre entre 3 e 4%.


Alcoa gañou en 2018 case 5% máis que no exercicio anterior ao tempo que o seu valor incrementou en 27% (Ebitda) da man do aumento do prezo da alúmina e do aluminio no ano pasado. O informe de resultados da multinacional en 2018 contempla as estimacións de Alcoa sobre un 2019 no que haberá déficit entre a produción e a venda de aluminio de perto de 2% ao tempo que prevé unha suba na demanda de entre 3 e 4%. Así pois, e após un ano de aumento de ganancias e valor, e iniciando un 2019 no que falta aluminio e aumenta a demanda, Alcoa vai executar o seu adeus ás factorías da Coruña e Avilés pois entende que producir aluminio aquí é caro.

A multinacional calcula que o fechamento paricial destas dúas factorías vaille costar por volta de 200 millóns de euros. E calcula tamén que ese fechamento achegará ás súas arcas entre 60 e 70 millóns de euros anuais.

Alcoa anunciou en outubro o feche das factorías coruñesa e avilesina e o despedimento de 700 traballadores. Esta cuarta feira chegou a un principio de acordo co comité de negociación (a CIG non o asinou) para manter o cadro de persoal até o 30 de xuño mentres esperaba un comprador. Se finalmente non hai investidor, a multinacional iniciará o feche parcial das fábricas e activará un plan para trasladar 106 empregados, con otras tantas Baixas incentivadas en San Cibrao, pre-xubiladar con 53 anos a 44 operarios e despedir 268.

O cadro de persoal vota en asemblea esta segunda feira se apoian ese principio de acordo. O comité de emrpesa de San Cibrao xa mostrou o seu desacordo co mesmo.