Aumentan nun 14% os despedimentos por ERE en Galiza

Aumentan nun 14% os despedimentos por ERE en Galiza

O 'expedientes de regulación de emprego' de extinción gañan peso, segundo un informe de Comisións Obreiras de Galiza.


Núñez Feijóo sitúa 2015 como o ano no que se comeza a albiscar e notar a 'recuperación' económica en Galiza. Mais 2015 foi o ano no que o número de persoas despedidas por un ERE aumentou nun 14% no noso país, segundo vén de denunciar CCOO. Se ben o global dos expedientes de regulación descendeu durante o exercicio pasado (613 fronte aos 984 de 2014), o número de traballadores e traballadoras despedidos por ERE aumentou: 858 polos 754 de 2014.

“De aplicar o ERE como unha medida para adecuar o persoal a unha situación conxuntural, pasouse a utilizalo como instrumento de axuste de persoal puro e duro”

“De aplicar o ERE como unha medida para adecuar o persoal a unha situación conxuntural, pasouse a utilizalo como instrumento de axuste de persoal puro e duro”, afirma Maica Bouza, secretaria de Emprego de Comisións. A sindicalista apoia as súas afirmacións no dato da baixada dos ERE e das persoas afectadas por eles, ao tempo que medra o número de persoas despedidas.

Por sectores, a industria xunta o maior número de traballadoras e traballadores afectados, con 3.176 ata decembro de 2015 (o 50,68 % do total) .