As auxiliares negocian con Pemex a compra de Barreras

As auxiliares negocian con Pemex a compra de Barreras
Representantes das auxiliares acredoras de Barreras na rolda de prensa [Imaxe: Europa Press]
Representantes das auxiliares acredoras de Barreras na rolda de prensa [Imaxe: Europa Press]  

A plataforma de auxiliares acredoras propón intercambiar parte da débeda do estaleiro por accións da compañía.


A industria auxiliar afectada pola crise do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras decidiu de forma unánime “dar un paso adiante” para desbloquear a situación. A súa intención é constituír unha sociedade conxunta nos próximos días para poder negociar con Pemex, o accionista maioritario, a toma de control do estaleiro e que desde a empresa mexicana acollen con “boa disposición”.

Segundo indicaron esta quinta feira os representantes da plataforma de auxiliares acredoras, o letrado Alberto Rocha e Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, estas empresas darán un paso previo a semana vindeira cunha “carta de intencións” a Pemex sobre a folla de ruta a seguir, que podería pasar por un intercambio de débeda (25 millóns de euros) por accións.

A idea da industria auxiliar para desbloquear esta situación pasa pois por “tomar o control do estaleiro” ben mediante cesión de dereitos políticos ou a súa entrada no accionariado co fin de  “ter capacidade de decidir”.

A CIG mobilízase en Barreras para esixir que se retome a actividade no estaleiro A central reclámalle á Xunta que tome o control da empresa para garantir os postos de traballo. Na central apostan por retomar a actividade e que sexa o estaleiro, a navieira, o fondo de investimentos que vai adquirir a empresa ou a propia Administración os que deben garantir o cobro/pago dos traballos realizados durante o período de preconcurso. “Obviamente, non se poderá contar coas empresas e cos empresarios/as responsábeis da actual situación”, matizan.