O Banco Popular anuncia 450 despedimentos en Galiza

O Banco Popular anuncia 450 despedimentos en Galiza
Ángel Ron, presidente do Banco Popular
Ángel Ron, presidente do Banco Popular  

[ACTUALIZADO 19:35] En Galiza ten perto de 1.800 traballadores e 259 sucursais. 


O Banco Popular prevé despedir entre 2.900 e 3.000 empregados, 450 deles en Galiza, e botar o fecho a unhas 300 sucursais, unha decisión que adopta para intentar aliviar os seus problemas financeiros. Case unha década despois do estoupido da crise, as entidades financeiras continúan a apostar nas tesoiras e nos recortes de persoal e medios para cadrar as contas.

O recorte que prevé o Popular afectará a un 25% do seu cadro de persoal en Galiza e o 20% no Estado (que anda perto dos 15.000 empregados) e a un 14% das oficinas da entidade financeira (case 2.100). En Galiza o BP ten 1.796 traballadores e 259 sucursais.

Non debemos esquecer que o Banco Pastor, que foi adquirido en 2011 polo Popular, tiña no noso país 4.100 traballadores, 588 oficinas e representaba por volta do 18% do mercado financeiro galego.